top of page

intro

Desde o colexio querémonos solidarizar e empatizar coa situación de incerteza, tensión, etc. que poidan estar a vivir as familias do noso alumnado debido á crise do Coronavirus.

Valoramos que nestes intres é importante ofrecer ao noso alumnado e ás súas familias tranquilidade e paz. Somos conscientes da importancia de seguir co proceso de ensino-aprendizaxe, por iso propoñemos para este último trimestre, tal como solicita o Ministerio de Educación, centrar o noso labor docente en realizar un reforzo educativo dos contidos traballados ata o momento.

Este reforzo querémolo realizar de forma lúdica e divertida, alcanzando así o noso obxectivo de achegar tranquilidade e axudar ás familias a levar da mellor maneira posible esta situación.

A proposta que estamos a traballar é a de realizar este reforzo a través dunha gamificación holística (un xogo que abarque todos os cursos do centro) onde abordaremos todas as materias curriculares.

Se tes algunha pregunta ou comentario, non dubides en poñerche en contacto connosco a través do apartado CONTACTO

bottom of page