RECOMENDACIÓNS

Aquí deixámosvos as recomendacións para este mes...

Hoxe, xoves 11 de marzo, vimos de recomendar aos nosos compañeiros de 5º C un libro ben curioso no seu formato, xa que combina fotogramas con texto narrativo. Isto fai que, nalgún momento semelle que esteamos adentrándonos nunha película. A acción vai avanzando tanto co texto coma con estas preciosas e suxerentes imaxes, cargadas de detalles.

Trátase de “La invención de Hugo Cabret”, un libro escrito por Brian Selznick. Este álbum narra a a

historia dun neno abandoado en París de principios do século XX, que vive nunha estación de ferrocarril e a súa supervivencia depende de pasar desapercibido. Pero un día será descuberto por unha rapaza e ….. mellor será que o leades, porque todo apunta a que pode gustarvos ben. 

Animádevos e xa nos contaredes.

biblio.png

2020 Equipo da Biblioteca - CEIP Plurilingüe Ría do Burgo - Culleredo, A Coruña
 

Esta página web se diseñó con la plataforma
.com
. Crea tu página web hoy.
Comienza ya