RECOMENDACIÓNS

Hoxe, xoves 11 de marzo, vimos de recomendar aos nosos compañeiros de 5º C un libro ben curioso no seu formato, xa que combina fotogramas con texto narrativo. Isto fai que, nalgún momento semelle que esteamos adentrándonos nunha película. A acción vai avanzando tanto co texto coma con estas preciosas e suxerentes imaxes, cargadas de detalles.
Trátase de “La invención de Hugo Cabret”, un libro escrito por Brian Selznick. Este álbum narra a a



historia dun neno abandoado en París de principios do século XX, que vive nunha estación de ferrocarril e a súa supervivencia depende de pasar desapercibido. Pero un día será descuberto por unha rapaza e ….. mellor será que o leades, porque todo apunta a que pode gustarvos ben.
Animádevos e xa nos contaredes.


.png)