Dende a Biblioteca Escolar, entendemos que a nova cultura dixital en continuo cambio e actualización na que vivimos , require dunha actualización no enfoque de ensino-aprendizaxe. Por iso , un dos nosos obxectivos é contribuir á alfabetización e competencia dixital do noso alumnado.
A Biblioteca organiza recantos por equipos para que o alumnado de Educación Infantil poida desfrutar e aprender dun xeito lúdico con todos os recursos dos que dispoñemos.
¡A nosa biblio é moito máis que contos!
¡E pasámolo xenial nela!
Ata pronto...
Burguiña
Comments