Para conmemorar a Semana da Prensa na escola, o noso centro acolleu uha exposición de Mulleres pioneiras no mundo do xornalismo.
O alumnado de 1º e 6º curso de Educación Primaria, puideron gozar da visita da xornalista Sheyla Bermúdez. Sheyla contounos moitas cousas sobre a súa profesión que vive con verdadeira paixón.
Relatounos os seus comezos traballando na radio ata que agora deu o salto á Televisión de Galicia onde realizou varias entrevistas marabillosas a pé de rúa que amosou ao noso alumnado.
Levou a cabo un taller práctico na radio no que foi o alumnado quen realizou entrevistas.
A súa visita rematou respostando as dúbidas e inquedanzas dos nosos alumnos e alumnas e asinando autógrafos.
¡Grazas pola túa emocionante visita Sheyla!
¡Ata pronto!
Burguiña
Comments