Ao longo desta semana, leváronse a cabo no colexio diversas actividades para conmemorar a Semana da Prensa na Escola.
O alumnado de Educación Infantil traballou na procura de titulares para poñer a diversas fotos e noticias dos xornais, buscaron e analizaron noticias relacionadas cos seus Proxectos de Traballo e tamén botaron a vista atrás e buscaron na hemeroteca dun xornal a portada da data do seu nacemento.
¡ Vaia sorpresa lembrar as noticias do día que naceron!
O alumnado de Educación Primaria traballou igualmente o xornal na aula nos seus distintos formatos (tanto impreso como dixital) e incluso fixeron actividades plásticas de reciclaxe a partires de xornais escritos.
¡Ata pronto!
Burguiña
コメント