Dentro da actividade “Venres creativos” continuamos a propoñer talleres que se levan a cabo na hora do recreo e que están a ter moitísimo éxito entre o alumnado.
Nesta ocasión, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria levou a cabo unha investigación sobre as funcións das distintas partes dun PC.
Como punto de partida para desenvolver esta actividade entregouselles o seguinte texto instrutivo:
E temos que agradecer especialmente a colaboración, unha vez máis, de Roberto Garea (pai dun alumno do colexio), xa que a súa axuda foi fundamental para poder levar a cabo a parte práctica desta actividade.
Grazas Roberto pola túa axuda!
Sempre é un pracer recibir as túas visitas.
Ata pronto!
Burguiña
Comments