top of page

ENCONTRO COA AUTORA ANDREA MACEIRAS

  • Foto del escritor: Equipo da Biblioteca
    Equipo da Biblioteca
  • 2 may 2022
  • 1 Min. de lectura

Hoxe recibimos na Biblioteca unha visita moi especial. Acompañounos Andrea Maceiras, autora do libro " A folla azul" , galardoado co Premio Merlin 2020.


ree

O alumnado de 5° e 6 de Educación Primaria mergullouse na lectura desta obra marabillosa ambientada na Selva Amazónica e recibiu con ilusión á autora que charlou cos nenos e nenas sobre a temática da historia, ademais de explicarlles cómo se documentou para escribila.

Pero sen dúbida , unha das cousas que màis desfrutaron foron os xogos cos que sorprendeu ao alumnado. Neles tíñanse que imaxinar a sí mesmos percorrendo a Selva Amazónica. Nestes percorridos facían diversas paradas nas que o alumnado debía pensar en obxectos que podían atopar ali.


Finalmente, cos obxectos imaxinados por cada quen, completaban un pequeno texto, co que resultaron diferentes microrrelatos variados e moi orixinais.

Temos que agradecer enormemente a súa presenza na nosa escola, así como que nos falase de outras dúas das súas obras…que agora tamén temos ganas de leer!!!

Ata pronto!

ree








Burguiña



 
 
 

Comentarios


2020 Equipo da Biblioteca - CEIP Plurilingüe Ría do Burgo - Culleredo, A Coruña
 

bottom of page