A UNESCO adoptou por primeira vez o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa 30º Conferencia Xeral en París no ano 1999, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización daquelas linguas que se atopan en perigo.
O Día Mundial da Poesía, conmemora unha das formas máis preciadas de expresión e identidade lingüística da humanidade, por iso dende O Equipo de Biblioteca non podíamos deixar pasar esta data de vital importancia, sen ofrecer á nosa Comunidade Educativa unha escolma de Poesía.
Tamén propuxemos que o alumnado se agasallase poesía, de xeito que no colexio se levaron a cabo intercambios de versos entre o alumnado de distintos cursos.
Ao longo da semana, o alumnado de Educación Infantil traballou poesías relacionadas cos seus Proxectos de Traballo, agasalláronse versos en en pequenos libros con forma de acordeón e tamén en lapbooks.
¡Mesmo se atreveron a recitar poesía así de xenial !
O alumnado de Educación Primaria traballou a poesía de xeito oral e escrito. Ademáis fixeron un marabilloso intercambio de versos entre alumnado de distintas clases, co que se agasallaron cuns pequenos libros en forma de acordeón que contiñan fermosas poesías.
Aproveitando a chegada da Primavera e o bo tempo saíron ao patio na procura de inspiración para escribir poesía e compartila, revivindo así as tradicións orais dos recitados de poesía.
¡Ata pronto!
Burguiña
Comments