top of page
Buscar
Foto del escritorEquipo da Biblioteca

"DÍA MUNDIAL DA RADIO: O MICRO NON MORDE"

Actualizado: 14 mar 2022

A idea de establecer o Día Mundial da Radio xurdiu do Presidente da Academia Española da Radio, Jorge Álvarez, que en xaneiro de 2008 solicitou a instauración desta conmemoración ao Director Xeral da Unesco, Koichirō Matsuura. E foi en novembro de 2011 cando finalmente a 36.ª Conferencia Xeral da Unesco proclamou o Día Mundial da Radio.


Para conmemorar dita data, levouse a cabo no noso centro o Obradoiro de Radio “O MICRO NON MORDE” a cargo de Luís Pardo, locutor en Radio Galicia - Cadena Ser.

O obxectivo deste Obradoiro foi dotar ao noso alumnado de ferramentas para poñerse diante dun micrófono e crear contidos radiofónicos.


A parte práctica correu a cargo de Roberto Garea, colaborador habitual nas actividades de radio do colexio, membro da Comisión de Biblioteca e pai dun dos nosos alumnos.

Ata pronto!

Burguiña


26 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page