top of page
Buscar
Foto del escritorEquipo da Biblioteca

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

O vindeiro 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, autor de contos infantís populares e coñecidos en todo o mundo.

O obxectivo desta data é promover a lectura e despertar o interese polo libros de xeito creativo. Sen esquecer o papel fundamental que os libros teñen no desenvolvemento intelectual e creativo das/dos nenas/nenos, contribuíndo a aumentar o seu vocabulario, promovendo a súa imaxinación, creatividade e capacidade de soñar.


Por iso, dende a Biblioteca, Burguiña ten para vos unha proposta de actividade. Está desexando saber cal é o voso libro favorito e quere que lle mandedes ao seu correo, as vosas fotos con él, ensinando ben a portada. Tendes ata o mércores día 30 de marzo de prazo para facelo.


O correo de Burguiña é: biblioteca.riadoburgo@gmail.com


As fotos serán publicadas na Web da Biblioteca para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil.


¡Agardo con ilusión as vosas fotos!


¡Ata pronto!






Burguiña

110 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page