top of page
Buscar
  • Foto del escritorEquipo da Biblioteca

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Actualizado: 1 feb 2023

Cada 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas, e este curso no colexio celebrámolo coas madriñas e padriños lectores que acompañaron aos máis pequenos e pequenas do colexio á Biblioteca para lerlles uns contos marabillosos e amosarlles todos os recantos cheos de encanto que se agochan na nosa Biblioteca.

Ademáis, na Biblioteca agardábanos unha sorpresa fabulosa. Ali atopamos nada máis e nada menos que a casiña do mismísimo Rato Pérez e ao lado un buzón máxico cunha carta para nós.

Así foi como descubrimos que , a partires de agora, cando se nos caiga o primeiro dente o Rato Pérez deixará para nós un contiño especial na Biblio do cole.

¡Ata pronto!








Burguiña


61 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page