top of page
Buscar
Foto del escritorEquipo da Biblioteca

DIA DAS BIBLIOTECAS

Actualizado: 1 nov 2021

Chegou o día 24 de outubro, Día das Bibliotecas.


A nosa mascota, Burguiña, aproveitou esta conmemoración para presentarse e contarnos a súa historia en forma de cómic, realizado polos/as nenos e nenas de 6º B.



Tamén este día é o elexido no noso colexio para dar a coñecer o novo proxecto da biblioteca. Este ano será:

ComunicAcción


E con el coñeceremos distintos medios de comunicación: a RADIO, a TELEVISIÓN, o CINE, o CÓMIC, o XORNAL...

Con todo o que aprendamos elaboraremos un folleto informativo sobre o lugar onde vivimos, a Ría do Burgo, para axudar a Burguiña a coñecer a zona onde vai vivir a partir de agora.




Queriamos comentarvos que todos os anos Bibliotecas Escolares proponnos un lema para traballar:

A BIBLIOTECA TEN A PALABRA,


para que vexamos que a biblioteca é unha fonte de recursos de todo tipo, un lugar no que podemos atoparnos con información para o que precisemos, para deixar voar a nosa imaxinación, para pensar, para crear. Pero tamén é un espazo onde desenvolver múltiples actividades sociais, en grupo, como a lectura en voz alta, exposicións, recitais, debates …

Así que xunto con Burguiña, estamos dispostos a demostrar que iso é certo, xa que no noso proxecto, a palabra é fundamental.


Estades listas? TOMAMOS A PALABRA? Pois adiante. Logo só queda gozar con este novo proxecto e aprender moito.


BENVIDAS !!







Burguiña

46 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page