No mes de decembro, formando parte da actividade “Recreos creativos”, levamos a cabo o taller "Coser e cantar".
Este taller estaba adicado a traballar costura, paciencia, concentración e motricidade fina.
Realizáronse 3 sesións durante os recreos: unha co alumnado do primeiro ciclo de Educación Primaria, outra co alumnado do segundo ciclo, e outra co alumnado do terceiro ciclo.
Dende o Equipo de Biblioteca queremos agradecer a colaboración de Araceli (a nai da profe Noelia) que se ofreceu para levalo a cabo e conseguiu deixarnos a todos e todas con gañas de máis.
¡Grazas Araceli!!!
¡Volta pronto con máis fíos e puntadas cheas de ilusión!
¡Ata pronto!
Burguiña
Commentaires