top of page
Buscar
Foto del escritorEquipo da Biblioteca

BIBLIOTECA CREATIVA

Este curso a biblioteca deu un xiro a este recuncho xa que entramos a formar parte Proxecto Biblioteca Creativa. Por iso, mercamos novo mobiliario e ampliamos e melloramos os recursos grazas á dotación de Bibliotecas Creativas e Plambe.

Categorizamos os materiais por grupos de idade.

A partires deste momento, iniciamos a nosa andaina mergullándonos no ambicioso obxectivo de dotar a nosa Biblioteca dos materiais necesarios para promover a creatividade do noso alumnado desde distintos ámbitos e programando diversas actividades para que elas/eles sexan as/os protagonistas e as/os verdadeiras/os creadoras/es de contidos e aprendizaxes.


Ao longo do curso afondamos nos dous obradoiros propostos:

  • Circuitos de papel: Programado para alumnado de 3º e 4º de Primaria.Por equipos, o alumnado realizou un debuxo ao que se lle incorporou unha luz


  • ROBÓTICA: A proposta para 1º e 2º de Primaria coa elaboración dun taboleiro coas imaxes dos libros cos contacontos e as portadas con Lego realizadas polo alumnado de 5º de EP.

Con 6º de EP levouse a cabo unha formación de robótica

  • LEGO: A proposta para 5º de EP consistía en representar con pezas de Lego as portadas dos contos seleccionados para os contacontos.

Ademáis dos obradoiros, ao longo do curso leváronse a cabo distintas actividades que nos permitiron empregar novas linguaxes e ferramentas que amplían os usos da biblioteca convertíndoa nun verdadeiro espazo de aprendizaxe. Aquí deixamos algunhas fotos.


ROBOTS, ORDENADORES, LEGOS.


XOGOS


CÓMIC DE BURGUIÑA

Alumnado de 6º de primaria elaborou un cómic empregando a ferramenta Canva para presentar a nosa mascota á Comunidade Educativa.


TEATRO DE SOMBRAS

Este curso mercamos un teatro de sombras e foi o alumnado de 6º de EP o que realizou a primeira creación.



Ata pronto!








Burguiña



24 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page