Temos unha nova que compartir con vós.
Despois das vacacións de Semana Santa, comezaremos cunha actividade nova para os recreos: BIBLIOPATIO, o que quere dicir que teredes unha pequena biblioteca nunha das zonas do patio durante os recreos.
Pero atención, temos que seguir cumprindo as normas de seguridade e hixiene do COVID. Para iso, gravamos un vídeo onde explicamos como debemos funcionar.
Haberá un “Bibliopatio” para 1º ciclo,
outro para 2º ciclo
e outro para 3º ciclo
Esperamos que vos guste a proposta e aceptamos calquera suxerencia que nos queirades facer chegar.
Komentarze