top of page
Buscar
  • Foto del escritorEquipo da Biblioteca

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

E comezamos coa axuda inestimable dos nosos axudantes para a biblioteca.

A convocatoria tivo un éxito tremendo, xa que son 90 nenos e nenas de 5º e 6º de primaria os que forman este grupo.

Fixéronse subgrupos de 4 ou 5 nenos/as e levouse a cabo unha sesión de formación con cada un deles.

Estes voluntarios colaboran, durante os recreos, en tarefas de colocación dos libros e materiais que están en cuarentena, para volvelos aos andeis; colocan pegatinas de identificación dos libros; preocúpanse de que a biblioteca estea ordeada e os libros ben colocados e na súa ubicación.

E lamentablemente, por tema COVID, non nos dá tempo a facer moito máis, pero teñen moi boa disposición para todo o que se les propón. Así que , temos que agradecer o seu labor.


Graciñas !!!!

Equipo da Biblioteca


43 visualizaciones0 comentarios
bottom of page