O 23 de febreiro conmemorouse o aniversario do nacemento da nosa poetisa máis universal e figura clave do Rexurdimento Galego.
Nunha data tan sinalada todo o centro participou nun mural colaborativo no que engalanamos o cabelo de Rosalía de Castro con fermosas flores. Lembramos así "La flor" , a primeira obra poética de Rosalía.
O alumnado de 4° de Educación Primaria fixo un recital de poesía de Rosalía na radio escolar. Para poder levar a cabo esta actividade contamos coa colaboración de Roberto Garea, pai dun alumno do centro e integrante da Comisión de Biblioteca, sempre disposto a poñer os seus coñecementos de radio á nosa disposición.
Ademáis, traballouse tamén a figura de Rosalía facendo distintas actividades por niveis.
Ata pronto!
Burguiña
Comments