O Día Internacional da Muller comezou a conmemorarse pola ONU en 1975, e dous anos máis tarde foi proclamado pola Asamblea das Nacións Unidas.
A ONU sinala os seus orixes nas manifestacións das mulleres que, especialmente en Europa, reclamaban a principios do século XX o dereito ao voto, melloras nas súas condicións laborais ou a igualdade de xénero.
Dende o Equipo de Biblioteca fixemos unha exposición cunha escolma de libros informativos e contos alusivos a esta data de vital importancia.
O noso colexio encheu os seus corredores de mulleres marabillosas e pioneiras en distintos ámbitos culturais. Deste xeito, o Centro converteuse nunha exposición de mulleres destacadas que o alumnado percorreu con interese e entusiasmo.
A exposición culminaba cunha votación pola muller que despertaba no alumnado maior interese.
Ademáis, dende os diferentes niveis educativos, realizáronse tarefas de concienciación sobre esta data adaptadas á idade do alumnado.
Ata pronto!
Burguiña
Comments