O Día Internacional do Libro é unha conmemoración mundial, promovida pola UNESCO, que ten como obxectivo promover a lectura, a industria editorial e a propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor/a.
Conmemórase o 23 de abril porque xusto ao redor desta data faleceron tres grandes figuras da literatura universal: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
Dende o Equipo de Biblioteca organizamos unha actividade coa que o alumnado puidese compartir lecturas e facer uso dos nosos recursos da Biblioteca Creativa.
Para iso, seleccionáronse 9 contos que o alumnado de 6° curso de Educación Primaria contou ao resto do alumnado do colexio ao tempo que os agasallaban cuns estupendos marcapáxinas.
Despois o alumnado de 5° curso de Educación Primaria recreou con pezas de Lego as portadas deses 9 contos.
Organizouse unha exposición coas portadas feitas con Legos. Pódese visitar durante toda a semana na Biblioteca.
E o alumnado de Educación Infantil tamèn elaborou uns fermosos marcapáxinas.
Lembrade que, como dicía Emily Dickinson, para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro.
¡Viaxade moito!
¡Ata pronto!
Burguiña
Commenti