Hoxe 2 de abril conmemoramos o día internacional do libro infantil e xuvenil, pero… sabedes por que se celebra ese día e non outro?
Podedes investigalo vós, pero imos facervos un adianto. Un 2 de abril de 1805 naceu o escritor danés Hans Christian Andersen, coñecido por vós por ter escrito contos como El patito feo, El soldadito de plomo, El traje nuevo del emperador, La sirenita, entre outros. Dise que escribíu sobre 200 obras.
E nós, tamén queremos festexar e lembrar a importancia e necesidade de ler, de gozar cos libros. Para iso, compartimos este vídeo, no que moit@s de vós recreáchedes a portada do voso libro favorito, e que á vez, servirá de recomendación de lectura para os demáis.
Esperamos que vos guste, xa nolo contaredes.
PARABÉNS !!
Comments