A conmemoración dos Días Internacionais, dan a oportunidade de sensibilizar ao público en xeral sobre temas de gran interese, e ao mesmo tempo pretenden chamar a atención dos medios de comunicación e os Gobernos para dar a coñecer problemas sen resolver que precisan a posta en marcha de medidas concretas.
A igualdade de xénero sempre foi un tema central das Nacións Unidas; e a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para acadar os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.
Por iso, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 11 de febreiro Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia en recoñecemento ao papel clave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e a tecnoloxía.
Dende o Equipo de Biblioteca fixemos unha escolma de libros alusivos a esta data tan importante.
O centro levou a cabo distintas actividades para dar a coñecer ao noso alumnado o papel das Mulleres na Ciencia e conciencialo sobre a importancia do empoderamento da Muller no mundo científico e tecnolóxico.
O alumnado de Educación Infantil achegouse á figura de Marie Curie.
En 3 anos , todos os xoves, tod@s son iguais ante a ciencia.
En 4 anos foron científicas/os por un día e fabricaron neve con bicarbonato e auga.
O alumnado de Educación Primaria estivo gravando podcast adicados a esta data tan sinalada.
E tamén coñecendo científicas do Hospital Universitario da Coruña (CHUAC) que levan a cabo proxectos de investigación en distintas ramas da mediciña.
Ata pronto…
Burguiña
Comments