VIDA E OBRA DE PABLO PICASSO: PDI EN 2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Actualizado: 11 jun 2023
O alumnado de 2º curso de Educación Primaria mergullouse na vida e na obra do pintor malagueño.
Na fase de investigación:
Viñeron á biblioteca a buscar información sobre a vida e obra de Pablo Picasso e consultaron os libros localizados, así como varias páxinas web e tamén viron vídeos do pintor.
Na fase de elaboración:
Por grupos, fixeron murais sobre a vida e obra de Picasso e cada grupo explicou o seu traballo ao resto da clase. Tamén fixeron debuxos da súa obra.
Na fase de exposición:
Prepararon na clase unha exposición e un mural, traballando así a expresión oral.
Kommentarer