KANDINSKY: PDI DE ARTE EN 4 ANOS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Na fase de investigación:
Viron vídeos sobre a vida e obra de Kandinsky. Tamén libros que apareceron na aula.
No Google Earth e no Google Maps buscaron Moscú, Alemaña e Francia, lugares onde naceu, estudou e morreu Kandinsky
Buscaron a distancia a estes lugares dende A Coruña ata Moscú andando (eran 35 días!!!) ou no coche (3 días)
Visionados de arte das seguintes obras:
- “Círculos concéntricos”
- “Up-ward”
Cada alumno/a transmitía o que creía que aparecía nos cadros.
Na fase de elaboración:
Fixeron tarefas en papel sobre a vida e obra do pintor.
Na fase de difusión:
Empregaron a aplicación Chatterkid e escolleron un retrato de Kandinsky, gravaron unha clase de aspectos sobre a vida e a obra e a outra sobre a evolución da súa obra
Comments