DISFRAZAMOS ARTE: PDI EN 3ºB DE EDUCACIÓN PRIMARIA
O alumnado da clase de 3º B disfrazou unha obra de Arte.
Na fase de investigación:
Parten da fotografía de Chema Madoz, coñéceno a el e a súa obra (www.chemamadoz.com)
Tamén Investigan as figuras típicas do entroido.
Na fase de elaboración:
Escollen unha figura típica do Entroido galego: O Peliqueiro
Deseñan animais para a máscara de Peliqueiro e realizan unha votación.
Escollen fotografías de Chema Madoz para elaborar unha composición formando un Peliqueiro e un entorno festivo típico do Entroido.
Realizan a montaxe, debuxandobos animais e poñéndolles cor.
Na fase de difusión:
Expoñen o cadro nos corredores do centro. Trátase dun cadro modificado e versionado polo alumnado para difrazalo e decorar deste xeito o colexio, partindo dunha proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do centro. Todas as clases participaron elexindo unha obra de Arte á que disfrazar para darlle un estilo "choqueiro" e engalanar o colexio.
Comments