top of page
Foto del escritorEquipo da Biblioteca

ARTE E RECICLAXE: PDI EN 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Na fase de investigación o alumnado de 1° curso de Educación Primaria investigou sobre a reciclaxe e as 3 R:

- Residuos que xeramos de forma cotiá.

- Que podemos facer con eses residuos: reutilizar

- Como o podemos aplicar na arte

- A importancia de reducir os residuos que xeramos.

Para levar a cabo esta investigación acudiron á biblioteca e buscaron a información necesaria empregando para iso as tablets e libros. Despois, recolleron de xeito escrito os datos que lles interesaban de todo o atopado.

Unha vez rematada a fase de investigación, na fase de elaboración, decidiron realizar cadros empregando material de refugallo procedente das súas casas.

Na fase de difusión, para amosar o seu traballo ao resto do colexio, decidiron expoñer os seus cadros na biblioteca e repartiron invitacións por todas as aulas.

A exposición estivo xenial, recibiron moitas visitas e foi un éxito.


¡Ata pronto!






Burguiña


11 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page