top of page

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

  • Foto del escritor: Equipo da Biblioteca
    Equipo da Biblioteca
  • 21 mar 2023
  • 1 Min. de lectura



A UNESCO adoptou por primeira vez o 21 de marzo como o Día Mundial da Poesía na súa 30° Conferencia Xeral de París de 1999.

No colexio, para conmemorar esta data tan sinalada, preparamos dende o Equipo de Biblioteca un expositor coas nosas mellores suxestións para a ocasión.

O alumnado de Educación Infantil aprendeu a recitar poesías coas que acompañan as aprendizaxes da asamblea que fan todas as mañás.

O alumnado de 2° curso de Educación Primaria, baseándose no libro de Antonio García Teijeiro titulado "Cacarabín cacarabón" fixo diversos tipo de tarefas: gravaron entre todas e todos dúas poesías do libro, escribiron as súas propias poesías e finalmente gravaron na radio da Biblioteca as poesías da súa creación.

POESÍA GRAVADA

O alumnado de 4° de Educación Primaria traballou na procura de poesías durante a semana previa á conmemoración e recitáronas na aula. No Día sinalado, escolleron unha estrofa de cada unha e plasmárona nunhas fermosas pingas de choiva coas que decoraron as fiestras da aula.

¡Ata pronto!







Burguiña


 
 
 

Comments


BIBLIO RÍA DO BURGO

©2023 por BIBLIO RÍA DO BURGO. Creado con Wix.com

bottom of page