DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2023
- Equipo da Biblioteca
- 25 abr 2023
- 1 Min. de lectura
A orixe do Día do Libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron , ou morreron , outros escritores/as eminentes. Por dito motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para rendir un homenaxe mundial ao libro e aos seus autores e autoras, e alentar a todos/as, en particular aos máis novos e novas, a descobrir o pracer da lectura e respectar a irremprazable contribución dos libros ao progreso social e cultural.



Dende o noso colexio, quixemos conmemorar esta data tan sinalada lendo todos/as xuntos/as e compartindo uns marabillosos momentos de lectura os máis pequenos e pequenas do colexio cos seus padriños e madriñas lectores e lectoras.




¡Ata pronto!

Comments